Eido social

Entidades especializadas


A detección temperá é fundamental á hora de mellorar as posibilidades de recuperación das vítimas. Por eso, neste proxecto, propoñemos unha ferramenta que ten a finalidade de mellorar os mecanismos de observación e recoñecemento daqueles indicios que poidan alertar ós/ás profesionais das entidades que traballan con vítimas de trata e explotación sexual de sufrir unha problemática de saúde mental e/ou adiccións.

O sitema prostitucional nútrese de mulleres en situación de especial vulnerabilidade, moitas delas xa danadas previamente, para ser explotadas sexualmente. Esta situación de explotación sumada os danos previos xera graves danos a nivel físico e psicolóxico que é importante recoñecer por parte de entidades que traballamos con vítimas.

Aquí presentamos dúas ferramentas centradas na detección de indicios de problemática de saúde mental e adiccións previa exploración dos diferentes ámbitos da persoa.

As dúas ferramentas son as chamadas: Inicial e Exploratoria. Que sexan dúas responde ó momento, xeito de aplicación e a profundidade da información recollida.

Mentres que a ferramenta inicial empregaríase na primeira entrevista e consta de 5 preguntas, centrándose na observación de certos indicios, a ferramenta exploratoria so se aplicaría no caso de que, despois de empregar a ferramenta inicial, haxa indicios de problemática.

Ferramenta Inicial
Ferramenta Exploratoria

Acompañamos as ferramentas con unha guía explicativa: Guia de uso das ferramentas e con unha ferramenta destinada a valorar a situación de consumo e axudar a motivar unha derivación cara tratamento: Assist