Personal sanitario
A detección temperá é fundamental á hora de mellorar as posibilidades de recuperación das vítimas. Por eso, neste proxecto, propoñemos unha ferramenta que ten a finalidade de mellorar os mecanismos de observación e recoñecemento daqueles indicios que poidan alertar ós/ás profesionais da saúde que están ante unha vítima de trata e/ou explotación sexual.
En moitas ocasións o sistema de saúde e o único contacto, fora do contexto de explotación, que unha muller prostituída ten coa comunidade. É por eso que este contacto é unha oportunidade para recoñecer a situación e poder actuar para que a muller poida sair desta situación en condicións de seguridade.
Aquí vos compartimos unha ferramenta que permite observar, de xeito moi áxil, 10 indicadores de trata e/ou explotación sexual, obter unha valoración do risco e derivar a algunha entidade especializada no traballo con mulleres prostituídas.
Non se pretende con esta ferramenta identificar a vítimas senón que, o que se busca, é mellorar a deteción de indicios e a coordinación con entidades especializadas na identificación.
Uso da ferramenta: Despois de usar a ferramenta esta nos alertará se existe un nivel de risco moderado ou alto de que esa muller esté sendo vítima. O papel do/a sanitario/a sería o de motivar á muller para que se achegue a unha entidade de axuda a mulleres en situación de vulnerabilidade. Nun momento inicial non se aconsella identificala coma vítima senón que se pode derivar a razón de recibir axuda xurídica con respecto ós seus documentos, a posibilidade de recibir axudas sociais ou o acompañamento social en diferentes trámites.
Nesta web podedes ver o folleto de información ás vítimas. Aconsellamos imprimilo e entregarllo á muller pedíndolle o consentemento para derivala a unha entidade que a poida axudar.
Se a muller accede a ser derivada a unha entidade, a propia ferramenta de detección continúa solicitando ó/á profesional sanitario unha breve información sobre a muller, solicitando a autorización para poder ceder datos persoais e ofrecendo un listado de entidades onde poder derivar a muller.
A propia ferramenta, de xeito automático envía un mail a entidade escollida que se poñerá en contacto cos vítima e co/a profesional de referencia para dar un reporte sobre a intervención.
.


