A detección temperá é fundamental á hora de mellorar as posibilidades de recuperación das vítimas. Por eso propoñemos unhas ferramentas que ten a finalidade de mellorar os mecanismos de observación e recoñecemento daqueles indicios que poidan alertar ós/ás profesionais da saúde que están ante unha vítima de trata e/ou explotación sexual.
En moitas ocasións o sistema de saúde e o único contacto, fora do contexto de explotación, que unha muller prostituída ten coa comunidade. É por eso que este contacto é unha oportunidade para recoñecer a situación e poder actuar para que a muller poida sair desta situación en condicións de seguridade.

Aquí tes un espazo de información e formación actualizada en materia de trata e/ou explotación sexual. Animámoste a que o visites.

.
