Resultado e proposta de actuación:
Risco moderado
A nena ou adolescente atópase nun nivel estimado de risco moderado cunha puntuación entre 6 e 13 puntos. Segundo este resultado, a persoa atópase neste momento nunha situación de potencial risco de carácter moderado pola aparición de indicadores laranxas ou laranxas e vermellos.
Recoméndase:
- Nos casos de menor afectación (valores próximos a 6) recoméndase o seguimento da persoa persoa a través da coordinación coas traballadoras sociais do centro sanitario.
Nos casos en que o volume de indicadores sexa máis alto (valores próximos a 13) ou ben a presenza da combinación de indicadores laranxas e vermellos, recoméndase explorar en profundidade a situación da persoa pois o risco increméntase proporcionalmente. Recomendamos poñer en coñecemento dos/as traballadores/as sociais do centro sanitario e seguir co proceso de derivación a unha entidade especializada.
- Lembre que se ben os indicadores non son suficientes por si mesmos para determinar se estamos ante un caso de trata/explotación /explotación sexual, si poden indicar que a persoa está sendo controlada por outra/s persoas e a situación debe ser valorada en profundidade.
.
