Semáforo verde adultos

Resultado e proposta de actuación:

A muller atópase nun nivel estimado de risco baixo cunha puntuación entre 0 e 10 puntos. Segundo este resultado, a persoa non se atopa neste momento nunha situación de risco ou este é baixo.

Recoméndase: a prevención primaria, facendo un seguimento da evolución e prestando información ou recursos que poidan favorecer a súa situación (traballadores/as sociais do centro sanitario).

  • Lembre que e a ausencia de indicadores non indica que a persoa non poda estar nunha situación de vulnerabilidade ou risco de trata e ou explotación sexual, senón que neste momento non se atopan elementos que indiquen a necesidade inminente dunha actuación profesional. Se o persoal profesional valora que persoa amosa unha situación de risco ou calquera outra sinal de alarma, recoméndase actuar preventivamente para valorar a situación en profundidade.